Site icon Crónica3.com A Mariña

Estudantes do Instituto Monte Castelo de Burela visitaron hoxe o Parlamento de Galicia

Estudantes do Instituto Monte Castelo de Burela visitaron hoxe o Parlamento de Galicia no marco dunha excursión a Santiago de Compostela organizada polos seus profesores. O alumnado foi recibido no Pazo do Hórreo polos catro deputados que A Mariña lucense ten nesta Cámara lexislativa: Emma Álvarez Chao (PP), Jose Manuel Balseiro (PP), Ismael Rego (PSdeG-PSOE) e Manuel Parga (BNG). Os estudantes puideron trasladar preguntas e dúbidas aos parlamentarios mariñáns e fixeron unha foto de grupo no Salón de Pleno horas antes de que teña lugar, nese mesmo espazo, a segunda parte do Debate sobre o estado da autonomía.

Exit mobile version