Nota de prensa
COMEZA EN XOVE A ESCOLA DE FAMILIAS
O vindeiro mércores 7 de marzo vai dar comezo a ESCOLA DE FAMILIAS co obradoiro denominado “ENSINANDO HABILIDADES PARA A CONVIVENCIA ENTRE IGUAIS”, impartido por persoal técnico do Centro Quérote e da Xunta de Galicia.
A ESCOLA DE FAMILIAS, que está organizada pola Concellería de Xuventude do noso Concello, diríxese a tódalas persoas que queiran mellorar as súas habilidades educativas, sexa cal sexa a idade dos seus fillos. Consiste nun programa de obradoiros centrados nunha temática concreta. Cada unha das sesións da Escola de Familia vai desenvolverse cada 15 dias no Centro Xuvenil de Xove, en horario de 17:00 a 19:00 horas.
As persoas interesadas deberán anotarse previamente na Oficina Municipal de Xuventude (na OMIX de Xove).