Celebrouse no IES de Foz unha cata de Chocolates dirixida a todo o alumnado de Hostalería.
Daniel Hughes, representante da empresa Valhrona é o encargado de dar a charla. Comenzou cunha explicación de que é o cacao, logo os alumnos/as puideron facer catas de cobertura e elaboración con distintas orixes e porcentaxes. En total cataron seis tipos de chocolate con diferentes orixes de cacao e variedades diferentes: criollo, forasteiro e trinitario.