Site icon Crónica3.com A Mariña

Cata de aceites no IES de Foz

Hoxe tivo lugar unha cata de aceites no IES de Foz dirixida a todo o alumnado de hostelería. A cata, a cargo da Denominación de Orixe (D.O.) Montes de Toledo, foi impartida por Enrique García Tenorio, Director da D.O. Durante a charla catáronse catro aceites: manzanilla, cornicabra, arbequina e lampante. O alumnado tamén puido ulir dous aceites para descubrir as impurezas que este pode chegar a ter debido a unha mala manipulación ou conservación.

Exit mobile version