Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumnado do IES de Foz conmemora en marzo o Día da Muller Traballadora con distintas actividades

NOTA DE PRENSA:

O alumnado do IES de Foz conmemorará durante este mes de marzo o Día da Muller Traballadora coa realización de distintas actividades:

O alumnado de secundaria participará nun xogo de pistas consistente en identificar a distintas mulleres relevantes da nosa cultura.
O alumnado dos cursos superiores de secundaria e Bacharelato elaborará un mural con biografías de mulleres que destacaron en distintas épocas históricas: Dona Urraca, A Bella Otero, María Soliño, etc,…

Estas dúas actividades completaranse coa proxección (30 de marzo)da película Potiche, comedia protagonizada por Catherine Deneuve, no papel de Suzanne, unha muller sometida ao seu marido e que por diversas circunstancias dá un xiro inesperado á súa vida.

Exit mobile version