Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumnado do colexio Sagrado Corazón de Ribadeo acudiu esta mañá á área recreativa do Cargadeiro para celebrar o día forestal mundial

Dous cursos de nenos de oito anos do colexio Sagrado Corazón acudiron esta mañá á área recreativa do Cargadeiro para celebrar o día forestal mundial. Os nenos participaron na plantación de catro árbores, un pino e tres castaños. O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, dixo estarlle moi agradecido ao colexio “polo esforzo de desprazar aos nenos ata o Cargadeiro. Cónstame que teñen unha firme vocación medio ambiental e iso é moi importante”. Cupeiro engadiu que “o vindeiro ano faremos este acto tamén cos alumnos do Gregorio Sanz ou, de ser posible, con ámbolos dous centros e con todos os pais que queiran colaborar”. a

Exit mobile version