Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta organiza unhas xornadas para o fomento empresarial no concello de Foz

Nota de prensa:

AS MEDIDAS DE FOMENTO DO EMPRENDEMENTO E O IMPULSA LUGO CENTRARÁN UNHA XORNADA PARA EMPRESARIOS QUE SE LEVARÁ A CABO NO CONCELLO DE FOZ

 A Delegación Territorial da Xunta en Lugo e AJE Lugo organizan esta actividade que se celebrará o vindeiro luns 26 no Cenima focense

 A inscrición nesta actividade e gratuíta e pode formalizase ata o próximo venres en calquera dos dous entes organizadores

Lugo, 20 de marzo de 2012.- As medidas existentes para fomentar o emprendemento empresarial e as medidas de estímulo económico que recolle o programa Impulsa Lugo serán temas centrais da xornada para empresarios que se desenvolverá o próximo luns día 26 nas instalacións do Cenima, no municipio de Foz.

Organizada pola Delegación Territorial da Xunta en Lugo e pola Asociación de Jóvenes Empresarios de Lugo (AJE Lugo), esta iniciativa pretende achegar aos distintos actores do sector empresarial aspectos relativos ao marco normativo, medidas específicas de promoción económica e información de diagnose financieira e industrial para impulsar a creación de empresas ou mellorar a competitividade de entidades xa en marcha.

A xornada contará coa participación como poñentes de varios consultores profesionais e, así mesmo, facilitará a través dunha mesa redonda a interacción entre asistentes e especialistas en xestión empresarial. Nesta iniciativa participarán representantes do BIC Galicia e de Igape.

Os interesados en asistir á xornada poden formalizar a súa inscrición ata o próximo venres día 23, a través de AJE Lugo, no número de teléfono 982.224.699 ou no correo electrónico info@ajelugo.es, ou na Delegación Territorial da Xunta en Lugo, a través dos números de teléfono 982.289.079 e 982.294.296.

Exit mobile version