XUNTA DE PERSOAL ÁREA SANITARIA NORTE DE LUGO
En Burela a 26 de Marzo de 2012 reunida a Xunta de Persoal da Área Sanitaria Norte acorda :
“A Xunta de Persoal co voto a favor de CIG,UGT,CCOO,CISF e USAE e a abstención de SATSE, CESM-Omega (non acoden) manifesta o seu apoio e adhesión á Folga Xeral que terá lugar o Xoves 29 de Marzo de 2012 en contra desta reforma laboral tan brutal que supón o maior ataque que se fixo á clase traballadora dende a transición e supón cargarse o dereito do traballo tal e como estaba concibido ata o de agora.
Esta reforma laboral está feita para despedir, e é un fracaso anticipado xa que é un decretazo sen dialogo social nin acordo político, vai a xerar mais paro e precarizar o emprego con salarios mais baixos, empobrecendo á sociedade e contraendo inda mais o consumo.
Agora os empresarios poderán decidir unilateralmente as condicións laborais da clase traballadora en aspectos básicos como salario, xornada ou mobilidade funcional nas empresas.” e poderán despedir aos traballadores e traballadoras que enfermen.
Remitido