Site icon Crónica3.com A Mariña

A Ruta de Viños organizada por ACIA Foz continúa ata o 1 de abril

Nota de prensa

ÉXITO DA I RUTA DOS VIÑOS DE FOZ QUE CONTINÚA ATA O 1 DE ABRIL EN TRINTA E CINCO LOCAIS.

Foz, 2 de marzo de 2012. Ata o vindeiro 1 de abril segue en Foz a I Ruta dos Viños que organiza a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos. Na cita póñense en xogo 1.200 euros en vales de compra.

Os clientes dos 35 locais participantes poderán selar as súas tarxetas nestes establecementos ata o 1 de abril e entrar no sorteo de 1.200 euros en vales de compra para gastar neses locais ao longo das vindeiras semanas. Para participar no sorteo deberán ter os selos dos 35 bares, mesóns e restaurantes que se dan cita nesta I Ruta dos Viños de Foz. Hai un premio de 500 euros, un premio de 300 euros e catro de 100 euros cada un, todos eles en vales de compra para gastar nos locais hostaleiros participantes nesta nova iniciativa de ACIA Foz. O sorteo será o 27 de abril e poderáse seguir en directo por Radio Foz.

O presidente de ACIA Foz, José Carlos Paleo, sinala que “a ruta está a ter unha boa acollida. De feito hai xa xente que percorreu a totalidade dos bares participantes e xa entregou a súa tarxeta para participar no sorteo”. Paleo engade que “queda prácticamente un mes para poder disfrutar desta ruta e conseguir todos os selos e o que é máis importante entrar no sorteo dos premios que poñemos en xogo, que sempre son benvidos polos afortunados”.

Os locais que se dan cita na I Ruta dos Viños de Foz son: A Bodega de Mari, A Caracola, A Funcional, A Maseira, A Bolera, A Ribeira, Acuario, O Chícaro, O Taco, Dallas, Happy Days, May-Ros, Xoyma, Anduriña, A Eskina, O Rincón de Anita, Fina, Internacional, O Fogar do Pelolo, Portovello, Express, O Norte, Leytón, O Tangarte, O Tangarte Mariñeiro, O Náutico, Namarinos, A Soalta, pizzería Xoiña, O Atabal, As Brasas, Dandy, O Mar, O Lar e Portochico.

Exit mobile version