Site icon Crónica3.com A Mariña

A Federación Rural Galega-Fruga esixe o fin dos retallamentos ás explotacións extensivas galegas

Nota de prensa

Page 1
A FEDERACIÓN RURAL GALEGA-FRUGA ESIXE O FIN DOS RETALLAMENTOS ÁS
EXPLOTACIÓNS EXTENSIVAS GALEGAS
Estímase un recorte nos importes de case o 45% nas axudas ao fomento de sistemas de
produción das razas gandeiras autóctonas en réxime extensivo
En abril de 2008, a anterior Consellería do Medio Rural (CMR) sacaba unha liña de axudas
destinada ao fomento de produción das razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos, en
concordancia coas políticas que recomenda a Unión Europea, é dicir, unha aposta por unha
produción agraria máis acorde co medio natural e dunha produción gandeira baseada na
alimentación dos animais con recursos naturais propios. Deste xeito, apoiábase por unha banda o
aumento da calidade e da competitividade dos produtos agrarios, e por outra, fomentábase o
desenvolvemento sustentable da actividade agraria e, xa que logo, ao desenvolvemento das
áreas rurais e á fixación de poboación nas zonas máis desfavorecidas.
Deste maneira a CMR e os titulares das explotacións gandeiras asumían durante cinco anos
unha serie de compromisos. Por unha banda os gandeiros comprometíanse desde o momento da
solicitude a cumprir medidas como poden ser a de manter un programa hixiénico-sanitario
supervisado polo veterinario responsable, un programa de alimentación baseado nos recursos
naturais, manter un número sustentable de animais por superficie ou a manter no 60% como
mínimo a reposicións de animais da propia explotación. Tamén había requisitos de obrigado
cumprimento ao cabo dos cinco anos, como pode ser o de chegar a un porcentaxe mínimo do
40% de reproductoras inscritas en libros xenealóxicos. Pola súa parte, a CMR comprometíase
durante estes cinco anos ao pago dun importe de ata 156 € anuais por animal reproductor.
Pois ben, a Xunta de Galiza ven de resolver as renovacións das axudas ao fomento de sistemas
de produción das razas gandeiras autóctonas galegas en réximes extensivos da campaña 2011
con descensos sen previo aviso de case o 45% de media sobre o importe que lles correspondería
aos expedientes segundo o estipulado nun inicio. É dicir, os gandeiros teñen que manter os
mesmos compromisos adquiridos e a Xunta incumple o acordado e os importes a recibir baixan a
case a metade.
Temos que ter en conta que este novo retallamento chega nun momento especialmente malo
debido á seca que estamos a padecer, de maneira que se xunta a falta de pastos co consecuente
incremento nos gastos destinados á compra de alimento para o gando a esta merma dos ingresos
coa que contaban os gandeiros. Hai que ter presente que as maiores perdas pola seca súfrenas
as esplotacións en extensivo e que a Xunta, lonxe de compensar cunha liña de axuda específica
para paliar os danos ocasionados pola seca, dedícase a fecer un retallamento tras outro.
Desde a Federación Rural Galega-FRUGA demandamos á Sra. Conselleira do Medio Rural e do
Mar que exerza como tal e que apoie ao sector agrario e que non o deixe abandoado á súa sorte
coma un barco sen temón. Deste xeito, se sumamos os elementos que non controlables como a
seca ao que si podería facer desde a Consellería e non se fai, semella que esta Xunta de Galiza
pretende converter nun obxectivo o abandono do rural galego

Exit mobile version