Nota de prensa
Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela en representación do grupo Municipal UNIFOZ e no seu nome Jaime Cancio Rodríguez como portavoz de UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside, ao amparo do disposto no artigo 14 e seguintes do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e no exercicio do Dereito Fundamental, recollido no artigo 23.1 da Constitución no que se recoñece o dereito fundamental dos cidadáns de participar nos asuntos públicos por medio dos representantes libremente elixidos nas eleccións por sufraxio universal.
EXPÓN:
Que fai uns días foinos entregado un documento resumo das contas do San Lourenzo 2011.
Que no mencionado informe deixa constancia que os gastos foron 72.573,41 € e os ingreso tan so de 19.075 €, o que significa que o déficit é de 53.498,41 €.
Que o balance económico consideramos reflexa unha falta de xestión nos ingresos, en comparación con outros anos.E polo que
SOLICITAMOS:
-.Relación nominal de ingreso das festas do San Lourenzo por postos instalados na festa.
-Relación nominal de ingresos por concepto de libro das festas.
-Relación de ingreso por petición popular.