Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ recorda o recente pasado pioneiro do concello en novas tecnoloxías, agora absoleto, e pide que se inste a Deputación para retomalo

Nota de prensa

Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela en representación do grupo Municipal UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside e no seu nome o seu portavoz Jaime Cancio Rodríguez

EXPÓN:

Que o noso Pobo, fai uns anos foi unha referencia importante no que se refire a aposta polas novas tecnoloxías, coa posta en marcha da chamada Rede Cidadá, e pola que o Concello de Foz chegou a recibir algúns premios tanto da Xunta de Galicia, como do Ministerio de Educación.

Que a falta de apoio nos últimos anos , xunto coa nula actividade, fan que ao día de hoxe esas instalacións sexan testimoniais e obsoletas.

Que cada día son necesarios máis esforzos para apostar pola formación en novas tecnoloxías, algo que os nosos veciños do rural están totalmente abandonados e discriminados.

Por todo o exposto .É polo que

Presentamos a seguinte proposta de MOCIÓN a Corporación Municipal :

-Instar a Deputación Provincial ao amparo do artigo 170 bis da lei 57 /2003 a colaboración para dotar aos Centros Sociais das parroquias de conexión e equipos así como formación en novas tecnoloxías da información.

Exit mobile version