Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ interesase por diversos temas municipais e asegura que o goberno local sigue demostrando falta de sensibilidade coas familias máis necesitadas

Nota de prensa

Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela en representación do grupo Municipal UNIFOZ e no seu nome Jaime Cancio Rodríguez como portavoz de UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside, ao amparo do disposto no artigo 14 e seguintes do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e no exercicio do Dereito Fundamental, recollido no artigo 23.1 da Constitución no que se recoñece o dereito fundamental dos cidadáns de participar nos asuntos públicos por medio dos representantes libremente elixidos nas eleccións por sufraxio universal.

EXPÓN:

-Que si fai un tempo tivemos que denunciar a falta de atención do E.G. no que se refire á limpeza de das rúas en xeral, agora recollendo as queixas dos veciños temos que denunciar a falta de limpeza de locais públicos como é a Sala Bahía, onde se organizan múltiples actividades ao longo de toda a semana.

En base a o exposto anteriormente, solicitamos tome as medias oportunas para a organización da limpeza da Sala Bahía,

.
Que na rúa Concello de Ribadeo, estase procedendo a reposición de servizos (beirarrúas), segundo proxecto de urbanización condicionado a licenza de obra concedida no seu día.

Visto o remate da mencionada obra UNIFOZ, entende que a obra feita non se corresponde co proxecto aprobado no seu día, e de forma especial no que se refire as rasantes e inclinacións da beirarrúa, que poden resultar perigosas para os peóns que por ela camiñan.

E base ao exposto, solicita informe técnico da obra executada, en especial no que respecta a seguridade, e cumprimento do proxecto aprobado non seu día.

Que fai uns días procedeuse polo E.G. a convocatoria de unha praza de peón por un período de seis meses para traballos no Concello.

Unifoz, considera a convocatoria desproporcionada no que respecta aos méritos solicitados, (carné C/E, coñecementos de Electricidade, son, albañileria….) sendo máis o perfil dun oficial que de un peón.

Unifoz, en base ao exposto, e ante as queixas recibidas por opositores, solicitamos a consulta do expediente de selección da mencionada praza de peón.

Este E.G. sigue demostrando a falta de sensibilidade coas familias máis necesitadas, e preocúpalle máis a situación das rotondas da entrada de Foz que a situación na que se encontran as familias ,como o demostra o feito da falta de axilidade e precaridade (6 meses), na que se convoca unha praza para axuda no Fogar, pois si temos en conta que o servizo está descuberto dende a xubilación da titular da praza, fai case dous meses, aínda non se sabe cando se repoñerá o servizo.

En base ao exposto, solicitamos a máxima axilidade no proceso mencionado e que o servizo se atenda durante todo o ano 2012.

Exit mobile version