Nota de prensa
Un total de 25 rapaces das Escolas Deportivas de Cervo patinaron na pista de xeo de A Coruña
-A viaxe estaba dirixida aos inscritos na modalidade de patinaxe artística
-Unhas 200 persoas practican exercicio actualmente nas Escolas Deportivas do municipio
O obxectivo desta viaxe, que foi gratuíta, era “que os alumnos da modalidade de patinaxe puideran gozar dunha actividade complementaria ás clases e, ao mesmo tempo, entretida, coa que animalos a seguir practicando”, engade o concelleiro. Os rapaces estiveron acompañados das monitoras que imparten esta actividade.
A patinaxe é unha das moitas seccións coas que contan as Escolas Deportivas de Cervo. Este ano hai preto de 200 persoas, entre nenos e adultos, que participan nalgunha das 10 disciplinas que ofrece o Concello. No caso das actividades para os nenos, estanse impartindo clases de baloncesto, fútbol sala, atletismo, tenis, baile deportivo, patinaxe artística e xogolandia, esta última dirixida aos cativos de infantil. En canto ao público adulto, poden elixir entre ximnasia de mantemento, aerobic e pilates. “Dende o goberno municipal pensamos que é moi necesario seguir potenciando as Escolas Deportivas coas que facilitar e facer máis accesible a práctica de deporte aos veciños e veciñas”, asegura José Ramón Soto.