NOTA DE PRENSA
IMPORTANTE OBRA DO CONCELLO NA RUA PUMARIÑO DE XOVE
Basicamente, a obra consisteu no seguinte:
-Ampliación da Rua a un ancho de 7 metros, 6 de calzada e 1 metro de beirarúa (acera).
-Execución dunha beirarua por un lateral.
-Desprazamento da rede de recollida de augas pluviais.
-Dotación dunha nova iluminación pública.
-Dotación dun firme de aglomerado á rua.
-Recuperación e mellora dos antiguos muros que limitan coa rua, dado que se trata dun dos núcleos tradicionais de Xove.
-Soterramento das liñas eléctricas existentes de alumeado e baixa tensión.
Estas dúas últimas actuacións axudan a unha mellor vista paisaxística do entorno. Uns muros antigos de pedra ben cuidados e a eliminación por soterramento das liñas eléctricas que citamos antes, contribúen a facer do entorno un lugar máis bonito e agradable.
Trátase esta dunha obra importante, que modifica dun xeito sustancial a entrada ao barrio de Pumariño, cunha mellora grande do acceso, co fin de facilitar as entradas e saídas na zona. Ademáis a obra dota a este tramo de rua (duns 120 metros) de tódolos servizos, dos cales, lóxicamente, se van beneficiar tódolos veciños do entorno.