Site icon Crónica3.com A Mariña

O Trasno no IES Monte Castelo de Burela

O Colectivo Cultural Buril presentou no IES Monte Castelo de Burela unha reedición completa da revista O Trasno que fora editado nos anos oitenta. Os alumnos foron informados dos contidos da edición, que se referían á localidade de Burela e o concello de Cervo, nos que se poderán atopar datos para analizar socioloxicamente aquela época e observar cambios e reivindicación aínda por cumprir. Foron achegados exemplares para a biblioteca, que poderán ser usados para analizar o significado das asociacións na defensa e reivindicación da cultura e do idioma galego.

Exit mobile version