Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE partido obreiro


O ex- alcalde de Foz e portavoz do PSdG-PSOE de Foz , José María García Rivera manifestou ante o Congreso Rexional e Provincial que se celebrarán nos próximos meses que se acabaron neste partido os personalismos influyentes, e que chega o momento dos traballadores, da xente de funda e en definitiva dos homes e mulleres que necesitan respostas claras ó seus problemas.

O noso Partido ten que ser ese Partido que aglutine a clase obreira. Todolos días e a tódalas horas dende a actividade que desarrolo na fábrica percibo un mensaje claro, e que nos están a decir: “facede algo para poder seguirvos”.

Recollo o guante e síntome totalmente identificado con esta masa obreira, e os que cremos niso vamos loitar para que todo esto cambie, poñer enriba da mesa do PSdG-PSOE os asuntos que nos preocupan e sacalos cara adiante. Sobran comisarios políticos, asesores e falta dosis de solidaridade e sentimento social.

Ninguén e imprescindible, o que opte os cargos deberá demostrar porque quere ser, e o máis importante. ¿Para qué?

Rivera manifesta, chegou o momento despois de moitos anos na vida municipal de dar un paso o frente, e decir o siguiente ós homes e mulleres que durante moitos anos estiveron o noso carón, necesitan de nos una resposta non un parcheo, polo que temos a obriga de atendelos.

Así mesmo, non hay líder definido. Ten que ser escollido e se fará sen presa e sen pausa, calquer home ou muller de este partido pode selo, non fai falla recomendar a ninguén. A maiores a nosa Agrupación de Foz sempre en vanguardia do Socialismo e colleitando moitos éxitos nos últimos anos, vai a dar a batalla e participar de maneira activa neste novo tempo.

Exit mobile version