Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE di que o Plan de acuicultura da Xunta “dá vía libre á especulación da costa en Galicia”

Nota de prensa:

OS SOCIALISTAS DIN QUE O PLAN DE ACUICULTURA DE FEIJOO “DA VIA LIBRE A ESPECULACIÓN DA COSTA EN GALICIA”

-A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira afirma que o modelo de Feijoo “é discrecional”, e volta a época “dos gobernos de López Veiga e de Manuel Fraga”

-Asegura que esta normativa “vai permitir a expropiación forzosa, en beneficios de empresas particulares que son promotoras dos proxectos acuícolas, cando os propietarios das fincas se negan a vender polo prezo ofertado”

-Acusa á Xunta “de levar 3 anos de parálise e inactividade no campo da acuicultura”, e replica que a día de hoxe en Galicia “non se ten iniciado ningún proxecto acuícola neste período”

– Denuncia que a Xunta “poñerá a disposición de tódolos particulares o aparello administrativo da Xunta, para que os terreos de altísimo valor medioambiental e paisaxístico de Galicia acaben nas mans de promotores privados”

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2012. A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira asegurou, trala aprobación do Plan Galego de Acuicultura, que a Xunta da vía libre a especulación da costa en Galicia. Asegura que esta normativa “vai permitir a expropiación forzosa, en beneficios de empresas particulares que son promotoras dos proxectos acuícolas, cando os propietarios das fincas se negan a vender polo prezo ofertado”.

Soneira afirma que o modelo de Feijoo “é discrecional”, e volta a época “dos gobernos de López Veiga e de Manuel Fraga”.

Ademais acusa á Xunta “de levar 3 anos de parálise e inactividade no campo da acuicultura”, e replica que a día de hoxe en Galicia “non se ten iniciado ningún proxecto acuícola neste período”.

Asevera que Feijoo pretende saltarse tódalas medidas de protección medioambiental e de preservación publica da franxa costeira da nosa Comunidade, co único fin de tapar a súa incapacidade para xestionar un plan acuícola, do que lembra “xa recibiu feito, pero que por puro sectarismo condenou ao ostracismo”, espetou.

Soneira denuncia que a Xunta “poñerá a disposición de tódolos particulares o aparello administrativo da Xunta, para que os terreos de altísimo valor medioambiental e paisaxístico de Galicia acaben nas mans de promotores privados”.

Discrecionalidade

Asevera ademais que esta decisión anuncia un alto nivel de discrecionalidade nas autorizacións de empresas acuícolas no noso litoral, xa que ten que desenvolver un plan sectorial de incidencia supramunicipal individualizado, que debera ser autorizado ou non polo Consello da Xunta, “en contraposición ao anterior modelo do Plan de Acuicultura que establecía a libre concorrencia de proxectos en igualade de condicións, e en lugares predeterminados na nosa costa que serian propiedade publica”.

Por ultimo sinala que con esta norma “nada impedira que donde se proxectou un proxecto acuícola que non funcione, ese mesmo terreo se acabe convertido nunha urbanización, un porto deportivo ou calquera outra formula especulativa da que xa temos referencia no litoral español”, concluíu.

Exit mobile version