Nota de prensa
NOTA DE PRENSA
Declaracións do Secretario de Politica Municipal da Executiva local do PSdeG sobre os roubos do día de onte
JORGE DIAZ FREIJE PROPÓN UN SERVIZO DA POLICIA EN HORARIO NOUTURNO
Primeiramente, temos que lamentar profundamente estes novos actos delictivos, dos que son responsables aqueles que os cometen, dito sexa con toda contundencia. Mais coa mesma enerxía temos que reiterar a nosa opinión acerca da pasividade municipal na materia, adiantándonos á previsible reacción do alcalde, que é a de ‘balóns fora’. Hai ben poucos días que manifestamnos a nosa opinión sobre este problema: non se trata só de pedir colaboración, hai que aportar algo. O Concello dispón dun corpo de policía local que compre revalorizar utilizándo. Durante estas semanas os máis importantes servicios son os nouturnos e, por conseguinte, haberá que facer as oportunas correccións no cuadrante de servizos, incluso a base de disminuir algunhas abundancias diurnas excesivamente dotadas, xa que no fondo non son mais que unha rutina. Non chega con lamentarse, eso é o propio dos afectados e dos veciños en xeral e das suas asociacións.
O marco de colaboración dos corpos de seguridade no ámbito local son as Xuntas Locais de Seguridade, e Ribadeo conta cunha das primeiras creadas en toda a provincia. No pasado demostrou a sua eficacia á hora de deseñar dispositivos para as diversas continxencias. Os servicios de vixilancia e prevención son os propios da policia local, mentras que os traballos de investigación cadran máis ben coa Guarda Civil, dado que se trata de delictos cun ámbito territorial extramunicipal. E neste momento a vixilancia na franxa horaria na que se producen os roubos teria un importante efecto disuasorio.
Finalmente, temos que reiterar algo que xa dixemos: hai que prestar atención ao corpo de policía local: cursos de reciclaxe periódicos para adptarse ás novas técnicas, dotación de medios materiales axeitados, tales como equipos de comunicación, etc.