Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz presenta unha moción pedindo unha limpeza integral e medioambiental da ría de Foz

Nota de prensa:

O PSdG-PSOE presenta unha moción o Concello Pleno, para solicitar das Consellerias de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño da Xunta de Galicia unha limpeza integral e medioambiental da Ría de Foz.

De todos e coñecido o abandono que sufre a nosa Ría por parte da Xunta de Galicia e mais concretamente polas Consellerías de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, as queixas dos mariscadores/as e dos veciños en xeral están o orde do día, todo debido a que no chamado Lombo, lugar onde se extraían antaño berberechos está feito un foco de contaminación, pois as herbas invasoras, os mofos e a porquería de todas clases fan que o lugar se converta nunha zona degradada medioambientalmente.

Entendemos que a esto se lle debe poñer freo o antes posible e que ten que ser a base dun traballo ben dirixido e ben organizado, para non cometer erros e atacar ás moitas especies que alí habitan e que dende logo teñen un valor importante.

Somos conscientes que debemos de dar una boa imaxe da nosa Ría e para elo non debemos de escatimar algo tan elemental como a súa limpeza, a maiores xa estamos a sufrir a saturación da depuradora actual que vai sendo hora de que se tomen medidas debido os vertidos a escape libre que se están facendo sobre a Ría de Foz.

Por todo o exposto o Grupo Municipal Socialista vai presentar unha moción para solicitar que o Pleno da Corporación, inste ás Consellerías de Medio Ambiente e de Medio Rural e Mariño da Xunta de Galicia a acometer o antes posible unha limpeza Integral e medioambiental da Ría de Foz.

Exit mobile version