Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz elixiu os seus representantes no próximo congreso galego

Nota de prensa:

A Agrupación Socialista de Foz celebrou este pasado sábado Asemblea Extraordinaria.

Este pasado sábado a Agrupación local do PSdG-PSOE de Foz celebrou a asemblea extraordinaria para debater os distintos puntos da orden do día para preparar o vindeiro Congreso Nacional do partido.

O primeiro punto da orden do día que consistía no debate e aprobación da xestión dos órganos nacionais, quedando aprobada por maioría.

– No segundo punto do orden do día aprobáronse entre outras as seguintes emendas:

– Facer primarias en tódolos procesos do partido.

– Facer unha conferencia política anual na que todos os membros do comite se poidan expresar sen limitacións de tempo.

– Substituír a coordinadora comarcal por un comité comarcal.

– Que os concellos formen parte da mesa de negociación do reparto territorial do estado igual que o resto de Administracións, chegando a un teito do 25% a favor dos concellos

– Potenciar a unificación de municipios de menos de 5000 habitantes sempre e cando os veciños de ditos municipios estean de acordo.

– Xestión cooperativa agraria poñendo a disposición das mesmas, mediante mecanismos legais, terreos das distintas administracións hoxe en día abandonados, para facer mais fácil a unión cooperativa.

– Que a finalidade do IGAPE sexa o servicio aos cidadáns, e non o color político da Xunta, buscando a máxima transparencia nos seus contidos

– Redefinir un novo mapa de instalación de puntos de atención continuada, PAC.

– Que se envíen con periodicidade trimestral as listas de espera do sistema sanitario ao Parlamento para ser coñecidas polas forzas políticas

– Potenciar a actividade educativa Preescolar na Casa

– Buscar formas alternativas para lograr que a cidade da cultura se autofinancie.

– Que os novos afiliados figuren nos censos do partido nun prazo non superior aos dous meses unha vez presentada a documentación correcta.

O último punto do orden do día, era elixir os cinco delegados que lle corresponden a Agrupación de Foz para o vindeiro 12 Congreso Nacional, presentouse unha única lista integrada polos compañeiros:

José María García Rivera.

Luís Alfonso Sixto Legaspi.

María Luísa Piñeira Núñez.

María Estefanía Otero Rivas

Guadalupe Neira Luaces

Suplente: Ana Isabel Villarino Alonso

Exit mobile version