Nota de prensa
UBICACIÓN DA NOVA EDAR DE FOZ
O PsdeG PSOE de Foz,ante as última noticias que temos sobre a ubicación da nova EDAR(estación depuradora de augas residuales), acollemos con sorpresa e decepción a ubicación que lle pretende dar a Xunta de Galicia a esta infrastructura tan demandada e urxernte para o noso Concello.
Entendemos que a noticia sobre a colocación da nova EDAR que o Conselleiro anunciou a bombo e platillo o día que visitou o noso Concello para a inaguración dos novos depósitos de Auga,antes debéramos ser informados polo Alcalde de Foz os partidos da oposición para que cando menos tivéramos coñecemento deso,parecenos mais ben,que como dende os novos depósitos de auga,hai unhas maravillosas vistas, e esta zona está xusto enfrente na beira do mar,gustoulle e dixo que ó mellor sitio era ese.
Manifestamos o noso rechazo á propostra da Xunta de Galicia,e razonamos o noso posicionamento.
Para empezar entendemos que os veciños e veciñas de Fazouro xa teñen unha EDAR na sua parroquia que se encarga de depurar as augas residuais que estes xeneran.
Nesta zona encontranse varias viviendas cerca, encontrase un camping, habia as previsións de facer un paseo marítimo, e nesa zona precisamente unha area recreativa, e a maiores hai unha pequeniña cala que recibe o nome de Sarrido e que queda á vista con marea baixa, é a única praia virxen que queda no noso Concello.
Entendemos tamén, que canto mais se alonxe a EDAR de Foz mais custes vai ocasionar dita obra e tamén mais caro vai salir o mantemento para os veciños e veciñas do noso Concello.
Gustaríanos saber con datos e papeles, non como ocorre habitualmente,(porque o dice o Conselleiro ,ou o dicen os técnicos), cales son os motivos que levaron á Xunta de Galicia a tomar a decisión de colocar a nova EDAR neste punto.
Por todo o anteriormente exposto,manifestámonos en contra da decisión da Xunta de Galicia de colocar a nova Edar na parroquía de Fazouro e así mesmo solicitámoslle ó alcalde do noso Concello que convoque ós partidos da oposición e nos explique cales son os motivos que levaron á Xunta de Galicia a tomar esta decisión, o PSdeG PSOE de Foz seguimos defendendo a anterior ubicación para a nova EDAR.