Site icon Crónica3.com A Mariña

“O PP vota no Parlamento en contra de manter o emprego en ECAR, afirma o BNG

Nota de prensa:

O PP VOTA EN CONTRA NO PARLAMENTO DO MANTEMENTO DO EMPREGO NA EMPRESA ECAR

O deputado do BNG Manuel Parga defendeu unha proposición non de lei instando á Xunta a establecer negociacións con Finsa para garantir a actividade da empresa, filial de Finsa

Santiago de Compostela, 8 Febreiro 2012.- .Os votos en contra do Partido Popular impediron hoxe no Parlamento sacar adiante unha proposición non de lei do BNG, acumulada con outra dos socialistas, que tiña por obxecto instar ao Goberno a establecer negociacións co grupo FINSA coa finalidade de conservar o emprego na empresa ECAR e a desenvolver todo tipo de actuacións para evitar o seu peche.

A proposta nacionalista, defendida polo deputado Manuel Parga, tamén demandaba formular con urxencia un plano industrial co apoio público, co fin de garantir o emprego e a actividade produtiva en Mondoñeda e que contribúa á dinamización económica no conxunto da Mariña.

Manuel Parga lembrou que de facerse realidade o peche de ECAR suporía un golpe dramático para os 62 traballadores cos que conta hoxe a fábrica, para as súas familias e para e economía local mindoniense.

“Asemade –engadiu- se produciría un novo revés na xa precaria situación económica que se está a producir na comarca da mariña lucense”.

Perante esta situación, para o deputado é necesario que o goberno reaccione e tome a iniciativa e non asista “pasivamente” ao desmantelamento económico e social da comarca.

“Urxe, por tanto, o establecemento dun compromiso do goberno cos traballadores da empresa, o emprego e a dinamización económica co concello de Mondoñedo e o conxunto da comarca”.

Exit mobile version