Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP ve falta de colaboración cos concellos por parte da Deputación

Nota de prensa:

O Partido Popular de Lugo critica a actitude da Deputación cos Concellos á hora de xustificar o Plan Lugo Emprega

Lugo, 29 de febreiro de 2012.- A voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, criticou á Deputación pola falta de motivación na resolucións que dicta e por falta de colaboración cos Concellos lucenses.

Os populares afirman que o organismo provincial notifica aos concellos lucenses unha resolución na que lles demanda intereses de demora, sen motivar, cando eles mesmos eran coñecedores de que tiñan que devolver o diñeiro.

O PP non comprende esta actitude por parte da Deputación, xa que os concellos tiveron, dende un principio, a vontade de devolver o diñeiro, a deputación os mandou agardar e logo o que fai é sancionalos.

Na mesma notificación, o ente provincial basease no artigo 37 da Lei de Subvención a hora de reclamar a liquidación destes intereses de demora. Ante esta situación, a voceira do PP na Deputación, Elena Candia, pregúntase porque o ente provincial se refire xenericamente a este artigo sen motivar a causa que aplica e así mesmo, Candia tamén se pregunta se é aplicable a Lei de Subvencións a este plan.

Ante esta situación, o PP pregúntase onde está a colaboración e asistencia aos concellos prometida por parte do ente provincial.

Exit mobile version