Nota de prensa
Xosé Manuel Barreiro, Presidente Provincial do PP de Lugo, asegura que os únicos que non contan aquí cun proxecto político son os socialistas
O PP de Lugo asegura que o único partido que carece de proxecto é o PSOE e lembra que o documento popular foi o elexido polos lucenses
Barreiro asegura que o PP está a poñer tódolos mecanismos para solucionar os problemas da sociedade, causados pola mala xestión dun goberno socialista
Lugo, 13 de febreiro de 2012.- O Presidente do Partido Popular de Lugo, José Manuel Barreiro, arremeteu duramente contra as afirmacións do Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, ao asegurar que o Partido Popular carece de proxecto para Galicia.
Barreiro lembrou que o único que non ten aquí un proxecto político é o PSOE, que se ve inmerso nun cúmulo de disputas internas e que se adica a seguir os modelos dos seus antecesores (do bipartito na Xunta de Galicia e de Zapatero no goberno central), despreocupándose totalmente das solucións que pide a sociedade.
Asegurou Barreiro, que mentras o PSOE está a manter esas disputas internas, o PP está traballando para arranxar os problemas que demanda a sociedade e que son herdanza da mala xestión do Partido Socialista. Unha herdanza a que tivo que facer fronte Alberto Núñez Feijóo na Xunta e Mariano Rajoy no goberno de España.
Dixo o Presidente Provincial, que a diferenza do PSOE, o PP conta cun proxecto claro e definido, e lembra que foi o elexido pola maioría dos cidadáns e especialmente polos lucenses. Asegurou José Manuel Barreiro, que con estas declaracións, o Presidente da Deputación de Lugo, está poñendo en dúbida o que manifestaron, alto e claro nas urnas, os cidadáns, e sobre todo, os lucenses. Lembrou Barreiro que dos 67 Concellos que ten a provincia, 50 están gobernados por un alcalde popular e dos 4 Deputados e dos 4 Senadores, 3 son do PP.
Barreiro insistiu en que o Presidente da Deputación ao o único que se adica é a utilizar o organismo provincial para a súa proxección personal e non para arranxar os problemas que demandan os cidadáns.
O Presidente do PP de Lugo asegurou que é normal que Besteiro descarte encabezar algo, xa que non conta cun proxecto político serio e de búsqueda de solucións, a diferenza dun PP que está a poñer todos os mecanismos para saír desta mala herdanza deixada polos socialistas (máis de 5 millóns de parados e facturas en tódolos caixóns)