Nota de prensa
O Partido Popular de Mondoñedo pídelle ao bipartito que atenda ás demandas do rural e arranxe unha ponte na parroquia de Masma
• O estado da construción é lamentable e presenta unha importante perigosidade para os veciños ao derrubárense as barreiras laterais protectoras
A construción, de especial necesidade para os veciños, presenta dende fai anos un importante estado de abandono. A situación lamentable na que se atopa hoxe en día a infraestrutura supón un importante perigo para os coches, tractores ou viandantes que a diario se ven na obriga de cruzar a ponte que permite o paso sobre o río Masma.
Ademais do mellorable estado no que se atopa o firme da construción, a ponte carece de barreiras laterais protectoras. As barras coas que contaba a ponte e dificultaban as caídas cara un río caudaloso como é o Masma fóronse abaixo en parte da infraestrutura.
O deterioro no que se atopa esta ponte da parroquia de Masma é un exemplo máis que evidencia o desleixo constante do goberno bipartito, que fai oídos xordos ás demandas dos veciños e máis cando unha obra de baixo custe económico suporía un importante beneficio para os que a diario se ven na obriga de cruzar a ponte.