Nota de prensa
NO VERÁN LEVARÁNSE ADIANTE AS OBRAS DE ACONDICIONAMENTO DOS CAMIÑOS DO BUIO E DO CANTIÑO. FERNÁNDEZ VALLE SINALA QUE OS TRABALLOS, QUE SUPORÁN UN INVESTIMENTO DE 53.000 EUROS, REALÍZANSE CON CARGO Á ÚLTIMA PARTE DO PEIM DE 2010.
Burela, 29 de febreiro de 2012. As obras de acondicionamento dos camiños do Buio e do Cantiño suporán un investimento de máis de 53.000 euros, segundo daba a coñecer esta mañá o concelleiro de Obras, Manuel Fernández Valle.
O edil popular explicou que “o Concello inclúe na última parte do PEIM do 2010 a executar durante este ano o acondicionamento destes dous camiños. O do Buio, que está situado no área recreativa do Monte Castelo e que conta cunha lonxitude de de 650 metros cadrados. E o camiño do Cantiño ata o Perdouro de 550 metros”. Fernández Valle indicou que “os traballos consistirán en perfilar e regularizar o firme para terminar aplicándolles aglomerado en quente”.
O concelleiro de Obras engadiu que “ditos acondicionamentos ascenden a 53.105 euros, cartos que son asumidos por este Plan Estratéxico de Infraestructuras no Medio Rural na segunda parte. Fáise gracias a que o Ministerio aportou agora en xaneiro os 19 millóns de euros pendentes. Pola súa banda a Consellería xa tiña aportado a súa parte para a execución durante o ano 2011”.
As obras nestes camiños, Buio e Cantiño, serán realizadas durante o vindeiro verán.