Nota de prensa
O BNG CONTINÚA TRABALLANDO A PROL DA UNIFICACIÓN
A unificación dos concellos de Alfoz e O Valadouro, será tratada no Parlamento Galego gracias o traballo da xente do Bng do Val.
Os parlamentarios do Bng, veñen de presentar unha proposición non de lei no parlamento galego a instancia do Bng do Val do Ouro.
“Estamos dispostos a dar todos os pasos precisos para que a unificación se culmine, é algo preciso e beneficioso para os veciños do Val”
“Desta forma intentaremos tamén que dende o pp de Galicia lles fagan razoar os alcades que ten en ambos concellos do Val, e de igual modo se poña remate a tante demagoxia que practican tanto dende a Xunta como dende os concellos, variando argumentos e plantexamentos según interese en cada momento”
“E lamentable que estes dous alcaldes non queiran ver a realidade, e antepoñan os seus intereses persoais os da xente que gobernan, e a cal lles paga o salario”
“Compre que dunha vez por todas, os políticos que nos dirixen fagan actos de responsablidade, non pode ser que dende cada consellería manteñan un postura diferente, Raquel Arias dixo referente a nosa proposta de unificación que era competencia do estado, a conselleira de traballo dixo en Alfoz que non eran precisas que abondaba con mancomunar, e vemos ahora ó presidente da Xunta que quere reabrir o debate das fusións, algo que Rueda dende presidencia xa dixo e defendeu fai tempo, e preciso que se aclaren.
Nese punto, só faltaría a valentía política para dar o paso, que por ahora case ningén parece demostar, lamentable”