Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Cervo visitou as obras da rede de saneamento e da EDAR para comprobar o seu avance

Nota de prensa:

Os traballos de saneamento que se executan en Cervo mellorarán a
calidade da auga do leito do río Xunco e da praia da Rueta

-As obras da rede de saneamento e construción dunha EDAR no núcleo
de Cervo avanzan a bo ritmo
-A auga que se verterá ao río Xunco será tratada a través dunha
depuradora cun sistema novidoso e respectuoso co medio ambiente
-Trátase da primeira rede de saneamento con depuración que existirá no
núcleo
Cervo, 9 de febreiro de 2012- A comezos deste verán estarán rematados
os traballos de construción da rede de saneamento e depuradora que se
están executando no núcleo de Cervo. A finalización das obras e a posta
en funcionamento destas infraestruturas suporán a mellora da calidade
da auga do río Xunco e en consecuencia da praia da Rueta, onde
desemboca este leito fluvial. Unhas melloras que segundo o alcalde,
Alfonso Villares, “son de destacada relevancia na vila, especialmente
dende o punto de vista medioambiental”. O rexedor explicou tamén que
se trata “da primeira rede de saneamento con depuración que haberá
neste núcleo urbano”.
Estas obras, que teñen un custo de preto de 1,2 millóns de euros,
están sendo financiadas ao 100% pola Xunta a través do ente público
Augas de Galicia. O rexedor cervense e a concelleira de Medio
Ambiente, Begoña Alonso, supervisaron os traballos esta mesma mañá,
polo que puideron comprobar que se atopan moi avanzados e se están
executando a bo ritmo. Villares asegurou que xa está rematada a
colocación dos diferentes colectores de saneamento de fecais. Tamén
está finalizada a rede de pluviais “que estaba contemplada no proxecto”,
especifica o alcalde, “xa que estamos en conversacións coa dirección de
obra para tratar de realizar outras canalizacións que non se inclúen no
proxecto inicial”.
En canto á Estación Depuradora de Augas Residuais, o rexedor
informa de que os traballos de construción e impermeabilización da balsa
están rematados. No caso da EDAR só están pendentes de execución as
estruturas de formigón así como os traballos de urbanización e de
montaxe do sistema eléctrico e mecánico.

Exit mobile version