Site icon Crónica3.com A Mariña

Inauguración da exposición 25º Aniversario do Hospital da Costa de Burela en Foz

É o venres 10 de febreiro, ás 19 horas, no Centro de Saúde de Foz. A exposición repasa a evolución do complexo hospitalario desde a súa apertura no 1986 ata os nosos días. Os que se acheguen a vela poderán comprobar cómo se foron transformando as infraestructuras do hospital e cómo foron aumentando os servicios que o centro ofrece á comarca da Mariña. A exposición consta de quince paneis que estarán instalados na planta baixa do Centro de Saúde focense. A exposición estará no concello de Foz ata o 10 de marzo.

Exit mobile version