O VENRES DA COMEZO A SEGUNDA FESTA DA COCIÑA AFRODISÍACA QUE ORGANIZA A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DE FOZ.
Foz, 8 de febreiro de 2012. Foz acollerá os días 10 e 11 de febreiro a segunda festa da cociña afrodisíaca, unha proposta para celebrar por adiantado San Valentín. Unha treintena de bares e restaurantes ofrecerán durante dous días sorprendentes racións de mariscos e outros produtos afrodisíacos. E ademáis haberá descontos especiais nos hoteis da vila.
Arredor de 30 bares e restaurantes ofrecerán racións de mariscos e outros produtos afrodisíacos, “queremos sorprender aos focenses e a todos os que se acheguen a pasar esta fin de semana a Foz. Ademáis da proposta gastronómica os hoteis ofrecerán descontos especiais á súa clientela. Os interesados deben informarse nos propios establecementos”, explicou José Carlos Paleo, o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz.
Os locais participantes na 2ª festa da cociña afrodisíaca son: A Caracola, A Funcional, A Maseira, A Quinta, A Bolera, A Ribeira, Acuario, O Taco, Dallas, May-Ros, Xoyma, Anduriña, O Rincón de Anita, Fina, Internacional, Portovello, Express, O Norte, Leyton, O Tangarte, Namarinos, O Náutico, O Tangarte Mariñeiro, A Soalta, pizzería Xoiña, As Brasas, Costumes do Mar, Dandy e Portochico.