O sábado 11 de febreiro, ás 20 h., inauguran no Cenima, en Foz, a exposición “Emiliano, o Yoyo e Tanana: o Entroido de Foz”, que pretende ser un homenaxe en lembranza destes tres insignes persoeiros do noso pobo, imprescindibles para entender o Entroido de Foz. Abrirán a exposición a Raíña do Entroido de Foz, Alba Burundarena, e as súas Damas de Honra, Marta Veiga e Nair García. Esta exposición permanecerá aberta ata o 3 de marzo.