Site icon Crónica3.com A Mariña

Detido en Ribadeo o suposto autor do roubo nunha tenda de telefonía

REFERENCIA Onda Cero A Mariña (102.3 FM)

Detido en Ribadeo o suposto autor do roubo nunha tenda de telefonía

Un home, de 32 anos de idade natural de Asturias e domiciliado en Madrid, foi detido pola Garda Civil onte, xoves, pola tarde en Ribadeo como suposto autor dun roubo con forza cometido nunha tenda de telefonía ribadense, concretamente da avenida de Galicia, o pasado 14 de novembro de 2011. Nese establecemento foran subtraídos máis de 50 teléfonos móbiles e 4 deles, xunto a outros máis, foron atopados durante o rexistro realizado onte na vivenda onde residía actualmente o presunto autor dos feitos, un piso do edificio número 32 da rúa San Francisco, no centro de Ribadeo.
A operación policial realizada na tarde de onte, que desenvolveu durante varias horas, orixinou moita expectación na zona, segundo informou hoxe, venres, a emisora de radio Onda Cero A Mariña (102.3 FM) no programa de actualidade local e comarcal “A Mariña na Onda”, que dirixe e presenta Beni Mántaras.

Exit mobile version