Site icon Crónica3.com A Mariña

Critica o BNG que os alcaldes do PP de Alfoz e O Valadouro non se poñen de acordo co punto limpo

Nota de prensa:
“Os alcaldes do PP seguen sen poñerse de acordo co punto limpo”

Dende o Bng parécenos lamentable a constante demagoxia que practican os alcaldes de Alfoz e O Valadouro, agora que as circunstancias os apertan din que van mancomunar servizos, pero atopámonos con que o punto limpo, que xa está mancomunado, que o concello de Alfoz continúa a deberlle cartos ó concello de o Valadouro, na actualidade 6000 euros, e en lugar de poñerse de acordo entre eles o único que propoñen e que cada un pague a súa parte de forma independente.

Parece que estes alcaldes que temos aínda non saben o que é mancomunar, nin o que quere dicir prestar un servizo de forma conxunta.

Algún concelleiro do PP (Peinó) comparaba a situación cun matrimonio no que primeiro tiña que haber un noviazgo, pero estes dous alcaldes xa levan moitos anos de relación coa mancomunidade, e a vista do que demostran os feitos están máis cerca da separación que do matrimonio.

Estes dous profesionais da política que dirixen os concellos do Val deberían facer un exercicio de responsabilidade e acompañar a tanta palabrería que practican con feitos.

Exit mobile version