Foi o domingo día 12 en Alfoz. Asistiron o profesor de Lingua Galega no Instituto Perdouro de Burela, Bernardo Penabade, e o encargado da parte audiovisual do Modelo Burela, Matías Nicieza. Por medio de varias proxeccións audiovisuais explicaron o Modelo Burela, un proxecto que xa leva acadados premios e recoñecementos.