Nota de prensa
Causa Galiza chama a participar na construción do novo referente político da esquerda soberanista galega
1º A iniciativa popular pola autodeterminación Causa Galiza parabeniza o importante paso político dado onte no Pazo de Congresos de Compostela pol@s 500 nacionalistas reunid@s en asemblea convocada polo Encontro Irmandiño.
2º Causa Galiza aplaude a decisión adoptada de constituir unha nova “fronte ampla nacionalista, plural e co centro de gravidade na esquerda”. Tamén aplaudimos as palabras de Xosé Manuel Beiras no sentido de que a futura frente nacionalista debe ser respectuosa con todas as sensibilidades soberanistas e independentistas, ampla, ligada aos movementos sociais de base e anticapitalista.
3º Á vista das resolucións adoptadas, Causa Galiza abre conversas formais con esta formación para explorar o proceso de definición do novo referente político da esquerda soberanista.
4º Causa Galiza achegará a este proceso a perspectiva política e a enerxía militante dos sectores que vimos traballando na construción do espazo sociopolítico da esquerda soberanista e independentista. Como dixemos na semana pasada insistimos na necesidade de que todos os sectores soberanistas e independentistas se incorporen e enriquezan o proceso de acumulación de forzas.
5º Causa Galiza considera que se está a abrir un novo ciclo político no País e no campo nacionalista. Achamos pertinente sumar esforzos para levantar ese novo referente político que Galiza necesita, cimentado sobre a superación do actual cadro xurídico-político e a defensa dos intereses inmediatos e estratéxicos do Povo Traballador Galego.