Site icon Crónica3.com A Mariña

A Mariña comezou a celebración do entroido que se pronlongará ao longoa da semana con diversos actos

Notas de prensa

Celebran o entroido no IES de Alfoz – Valadouro


“Hoxe venres, celebramos no IES de Alfoz – Valadouro o día de Entroido, participando tanto, o alumnado, como os profesores e profesoras e o persoal non docente.
Cada grupo disfrazouse dun tema e realizou unha pequena representación.
Empezaron os profesores e persoal non docente, disfrazados da voda de Cayetana, e facendo a representación da mesma.
Despois tocoulle a quenda ao alumnado de 4º ESO, disfrazados das olimpíadas e representando a diversos países fixeron unha demostración de varios deportes, tenis, atletismo, baloncesto, fútbol, judo, terminando coa entrega de medallas.
O alumnado de terceiro, disfrazados de GÓTICOS, desfilaron cun cadaleito.
A quenda dos de 2º ESO saldouse cun encontro entre Alfoz e O Valadouro (futbolistas as mozas) e os mozos, uns de adestradores, outro de arbitro e o resto, de animadoras con pompones.
Os últimos foron os alumnos e alumnas de primeiro, que representaron unha clase e imitaron a varios dos profesores que lles dan clase, Peiteou (sociais), Susi (inglés), Aurora (naturais), Chus (pedagoxía terapéutica) Yolanda (educación física).

Para terminar o día, todos xuntos gozamos de doces típicos destas datas, que trouxeron os alumnos e alumnas de casa e chocolate quente.”


Festival do entroido no colexio do Valadouro

Festival do entroido celebrado no colexio do Valadouro. Ao remate, queimouse o meco e a meca, e a continuación houbo unha comida de confraternidade, entre pais, nais, avós, alumnado e profesorado.


SÁBADO DÍA CENTRAL DO ANTROIDO EN XOVE CO GRAN DESFILE

Mañá sábado 18 de febreiro vai ser o Día Grande do Antroido 2012 en Xove, cun amplo programa de actividades, que paso a describir:

-De 15:00 a 16:30 horas.- Na nave almacén do Concello, no lugar onde vai comezar o Desfile de Antroido do Concello, estará aberta a inscrición para participar no Desfile, polo que aquelas persoas que non o fixeran e queiran apuntarse, inda o poden facer dentro do horario antes sinalado.

-Ás 16:00 horas.- A Charanga A PATAQUEIRADA de Burela vai percorrer as distintas ruas de Xove animando á xente a participar no Antroido e no Desfile.

-17:00 horas.- COMEZO DO DESFILE DE ANTROIDO, que será aberto pola Charanga A Pataqueirada, e a continuación desfilarán seguindo este orde: Individual Nenos, Individual Nenas, Individual Adultos, Parellas, Grupos de 3 a 9 persoas, Comparsas e Grupos de 10 ou máis persoas e Carrozas. O Desfile irá pola rúa Acceso Grupo Escolar, Avenida Deputación, Rua Doutor Baamonde Illade, Camiño Real e chegada ao Pavillón de Deportes do Centro Cívico.

-18:30 horas aproximadamente, ousexa, mesmo rematado o Desfile, no Pavillón Municipal de Deportes teremos un BAILE INFANTIL DE DISFRACES coa Discoteca Movil SUPERNOVA, con entrada libre e gratuita. No intermedio do Baile Infantil, farase entrega dos premios do Desfile en categoría Individual Nenos e Individual Nenas, e tamén aos gañadores/as do Concurso de Caretas da Biblioteca Municipal de Xove.

-22:30 horas, no Pavillón de Deportes con entrada libre e gratuita: BAILE DE DISFRACES coa CINEMA ORQUESTA. Nun intermedio do Baile, farase entrega dos premios do Desfile de Antroido.

Por último, aproveitar para invitar a tódalas persoas do noso Concello e visitantes e veciños de toda a Mariña a vir e disfrutar do noso Antroido.

ACIAL e Concello de Lourenzá organizan o desfile de entroido con 6 mil euros en premios

Carnaval 2012 (Domingo de Piñata)

Otro año más Lourenzá podrá disfrutar de uno de los desfiles más concurridos e importantes de A Mariña. Este año la A.C.I.A.L. compartirá la organización con el Concello de Lourenzá, que de esta manera apuesta por ayudar a consolidar este importante evento social.

Se repartirán 6.000€ en premios entre los participantes de las distintas categorías. Podrán participar disfraces individuales, parejas, y grupos en la categoría infantil. En la categoría de adultos podrán hacerlo disfraces individuales, parejas, grupos, carrozas, charangas, y comparsas.

El jurado estará compuesto, como en los años anteriores, por las delegaciones de cultura de los concellos límitrofes para mantener la imparcialidad característica de este prestigioso concurso.

El desfile se celebrará el domingo 26 de febrero y transcurrirá por las calles de la villa, estando programada la salida desde el Mercado Gandeiro para las 16:30hs.

La inscripción podrá efectuarse el mismo día del desfile entre las 15:30 y las 16:30 en el lugar de la salida, y de manera previa por teléfono o fax al 982 121 207 o por correo electrónico a llcajoto@hotmail.com.

Exit mobile version