Site icon Crónica3.com A Mariña

A retirada dos silos de cemento do porto de Burela pola propietaria aportaranlle ao concello 2 mil euros por licrencia

Nota de prensa
Silos

José María González Barcia aclarou que “a obra de retirada dos silos de cemento da explanada portuaria, que suporá un custe de 98.000 euros, nin a paga o Concello de Burela nin a paga Portos de Galicia. Eses traballos págaos a empresa dona dos silos”. O alcalde burelés explicou que “a empresa en cuestión tiña unha concesión por trinta anos. Esa concesión rematou, non foi renovada e Portos de Galicia esíxelle á empresa que retire os silos porque están fora de uso. Quen ten que pagar eses 98.000 euros é a empresa que tiña os silos operativos. Nin paga Portos nin o Concello de Burela”.

O rexedor subliñou que “dita retirada lle representa uns beneficios ao Concello de aproximadamente uns 2.000 euros, porque para realizar a obra hai que pedir licencia”.

Exit mobile version