Nota de prensa
Silos
José María González Barcia aclarou que “a obra de retirada dos silos de cemento da explanada portuaria, que suporá un custe de 98.000 euros, nin a paga o Concello de Burela nin a paga Portos de Galicia. Eses traballos págaos a empresa dona dos silos”. O alcalde burelés explicou que “a empresa en cuestión tiña unha concesión por trinta anos. Esa concesión rematou, non foi renovada e Portos de Galicia esíxelle á empresa que retire os silos porque están fora de uso. Quen ten que pagar eses 98.000 euros é a empresa que tiña os silos operativos. Nin paga Portos nin o Concello de Burela”.
O rexedor subliñou que “dita retirada lle representa uns beneficios ao Concello de aproximadamente uns 2.000 euros, porque para realizar a obra hai que pedir licencia”.