Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación Amarante Setem presenta en Ribadeo unha nova edición do Xanela Aberta ao Sur

Nota de prensa

ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN DO XANELA ABERTA AO SUR’12
A Asociación galega AMARANTE Setem comeza unha nova edición do Xanela Aberta ao Sur. A partires do 6 de febreiro e ata o 22 de marzo abrirase o periodo de inscrición para participar neste programa de educación para o desenvolvemento.
O programa Xanela Aberta ao Sur pretende propiciar un espazo de encontro, reflexión e debate que permita un achegamento, tanto ás realidades dos países do Sur como á propia realidade no Norte, para contribuír, a través dunha participación activa, ao desenvolvemento persoal e á formación dunha conciencia crítica e transformadora.
Durante os meses de Marzo, Abril e Maio levaranse a cabo catro xornadas formativas que darán paso á posibilidade de viaxar nos meses de Xullo e Agosto e convivir durante catro semanas cunha das organizacións coas que colabora Amarante habitualmente:
– Movimento dos Trabalhadores Rurais sem Terra en Brasil ( http://www.mst.org.br )
– MCCH en Ecuador ( http://www.fundmcch.com.ec )
– Asociación Attawassoul en Marrocos (máis información en http://amarantesetem.org )
Durante o mes de febreiro e Marzo as persoas que participaron no Xanela durante o ano 2011 realizarán charlas informativas para difundir a súa experiencia. As datas:

A Coruña: 7 de marzo. Galería Sargadelos (Rúa Real, 56). 19:00 horas.
Pontevedra: 1 de marzo. Facultade de Ciencias da Educación e o Deporte de Pontevedra. 12:00 horas.
Compostela: 2 de marzo. Local de Amarante. (R/ San Pedro, 67) 20:30 horas
Ourense. Pendente de confirmación. Máis información na web de Amarante.
Ribadeo: 3 de marzo. 20:00 horas. Casa das letras.
As datas das xornadas de formación son: 24 de marzo, 14 e 15 de abril, 12 de maio, 26 de maio e a avaliación o 15 de setembro.
Os requisitos para participar son:
– Ser maior de idade
– Para viaxar é necesario asistir a todas as xornadas formativas
– Pago da matrícula (20 euros se estudas ou estás no paro e 30 euros se traballas)
Tes máis información e aclaracións no noso apartado de educación ó desenvolvemento en “ liñas de traballo” ou no Blog do Xanela http://amarantesetem.org/xanela. Síguenos tamén no Facebook.
Para inscribirte ou pedir máis información escribe a educacion@amarantesetem.org Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou nos teléfonos 986 84 81 59 ou no 981 584 713

Exit mobile version