Nota de prensa:
Escrita por Pepe Peinó que participou no reparto de papeis
OS ALUMNOS DO TALLER DE MEMORIA EMPEZAN A ENSAIAR UNHA OBRA DE TEATRO OS LUNS NO CENTRO SOCIAL O TORREON
18 alumnos participan nesta obra de teatro que se representará publicamente ao remate do curso
Agradecemento a Pepe Peinó pola súa colaboración altruísta
Lourenzá, 18 de xaneiro do 2012.- Os alumnos do taller de memoria que van a facer unha representación teatral, como parte das actividades que se van a desenvolver durante o curso, reuníronse xunto coa Animadora Sociocultural e a Concelleira de Servizos Sociais Emma Alvarez, con Pepe Peinó, quen de forma altruísta escribíu unha obra de teatro para que estes 18 maiores puideran desenrolar, o que para a maioría é a súa primeira toma de contacto teatral.
Os ensaios serán todos os luns no Centro Social O Torreón, e estes 18 alumnos, metidos a actores, están moi ilusionados en facer a representación desta obra, sinxela e simpática na que todos colaboran a fin de exercicio para exercitar a memoria ao mesmo tempo que para pasar un momento de lecer.
A ilusión por empezar xa a ensaiar onde máis se palpou foi no reparto de papeis, no que o propio autor, Pepe Peinó participou, posto que a obra de teatro foi escrita especialmente para eles e contando coas súas características.
O froito do esforzo destes meses que quedan por diante, verase recompensado coa representación aberta ao público que se fará ao remate do curso alá polo mes de Xuño.
A Concelleira de Servizos Sociais quixo agradecer publicamente a colaboración altruista de Pepe Peinó, do grupo teatral As Raiolas de Alfoz, quen dende o primeiro momento se mostrou encantado en escribir a obra de teatro e a colaborar con algún ensaio puntual.