Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Xove incentiva a formación con máis de 36 mil euros en becas

Nota de prensa

ENTREGADAS AS BOLSAS AO ESTUDIO EN XOVE

Hoxe martes 3 de xaneiro, ás 12:00 horas no Salón de Plenos do Concello, o Alcalde de Xove Demetrio Salgueiro, acompañado da Concelleira de Servizos Sociais Ana Abad, realizou a entrega de BOLSAS AO ESTUDO CURSO 2011-2012.

En total o noso Concello invisteu 36.241´35 €uros nestas becas, unha cantidade certamente importante, tal como suliñaba o Alcalde, tendo en conta os difíciles tempos de crise que estamos a padecer.

As bolsas repártense da seguinte maneira:

BOLSAS AO ESTUDO CURSO 2011-2012

Axudas a estudos universitarios: entrégase un total de 9 bolsas, percibindo como cantidade máxima cada solicitante 1.200,00€ en función de ingresos familiares. O Concello de xove destina a este fin un total de 22.373´76 €.

Axudas para ciclos formativos para especialidades que non existan na comarca: Un total de 5 rapaces e rapazas reciben esta bolsa, que ascende a un máximo de 600,00€, segundo ingresos familiares. En total 2.692´59 €.

Axudas para persoas minusválidas físicas ou psíquicas que asistan a cursos de educación especial ou a terapias de estimulación: un total de 8 familias se beneficiaron desta bolsa, sendo a contía final destinada 7.500 €.

Axudas para a compra de material escolar (preescolar: 65,00€, Primaria e ESO: 60,00€, Bacharelato: 125,00€ e Ciclos Formativos: 125,00€). 31 familias do Concello de Xove reciben esta axuda para material. A contía final ascende a 3.675 €.

Quedan pendentes as bolsas de comedor e transporte, que se pagan a finais de curso, unha vez xustifiquen que asistiron, ás clases.

Exit mobile version