Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo e Norvento Enerxía tratan da instalación de aeroxeneradores en Cuiña

Nota de prensa

O CONCELLO DE CERVO E A EMPRESA GALEGA NORVENTO ENERXÍA ESTÁN A TRABALLAR NUN PROXECTO DE I+D+I DE DESENVOLVEMENTO TECNOLÓXICO.

• TRÁTASE DE DOUS PROTOTIPOS DE AEROXENERADORES DE 100 KW.

• CON ESTE CONVENIO O CONCELLO DE CERVO AMOSA O SEU COMPROMISO CO MEDIO AMBIENTE E COAS ENERXÍAS RENOVABLES.

• SITUARANSE NO POLÍGONO INDUSTRIAL DE CUIÑA, PERMITINDO O APROVEITAMENTO DESTA ENERXÍA POLAS EMPRESAS ALÍ UBICADAS.

O Concello de Cervo e a empresa galega Norvento Enerxía, levan traballando máis dun ano, nun Convenio de Colaboración para levar a diante un proxecto de I+D+I de desenvolvemento tecnolóxico.

Trátase da instalación nos vindeiros meses de dous prototipos de aeroxeneradores de 100 KW que neste momento se atopan na fase de proba previa ao seu lanzamento comercial. O Concello de Cervo decidiu a súa ubicación no Polígono Industrial de Cuíña, nunha parcela pedregosa e abrupta, que ao mesmo tempo permite poder realizar outro tipo de aproveitamento, ao tratarse dunhas máquinas de tamaño reducido.

No Convenio establécese tamén un ingreso económico por parte da empresa Norvento Enerxía ás arcas municipais, en función da enerxía que xeren estes prototipos. Norvento Enerxía, por outro lado, espera que esta enerxía se poda aproveitar tamén polas distintas empresas situadas no Polígono Industrial de Cuíña.

Con este Convenio o Concello de Cervo comprométese coas enerxías renovables e polo tanto co Medio Ambiente, ademais de implicarse no desenvolvemento tecnolóxico.

Exit mobile version