Site icon Crónica3.com A Mariña

O comercio de Foz abrirá o 8 de xaneiro, primeiro domingo das rebaixas

Nota de prensa

O COMERCIO DE FOZ ABRIRÁ TODO O DÍA O VINDEIRO 8 DE XANEIRO, PRIMEIRO DOMINGO DAS REBAIXAS DESTE INVERNO.

Foz, 5 de xaneiro de 2012. O comercio de Foz abrirá as súas portas durante toda a xornada o vindeiro 8 de xaneiro, primeiro domingo das rebaixas deste inverno, segundo informa a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos.

Desde a directiva animan aos veciños “a aproveitar as interesantes ofertas e descontos que van atopar e que en moitos casos superarán o 50%. É un bó momento para comprar aquelas cousas que precisamos para rematar o inverno á última moda”.

O presidente de ACIA Foz, José Carlos Paleo, sinala que “o que queremos é darlle a oportunidade á xente de saír a comprar con calma o domingo, que é un día no que a maioría descansan, e así poder recorrer as tendas e atopar esas prendas, ese calzado que necesitamos, pero sen presas”.

Paleo lembrou que “xa no comercio de Foz abrimos durante o nadal os días 24 e 31 de xeito ininterrumpido, entre as 10 da mañá e as 18:30 da tarde, para facilitarlle á xente as compras desas datas”.

Campañazo do bingo

E mañá venres, 6 de xaneiro, arrinca unha nova edición do Campañazo do bingo. Con esta iniciativa ACIA Foz repartirá 1.200 euros ao longo do mes de xaneiro.

Como ven sendo habitual os sorteos serán a partires das 23 horas e serán retransmitidos por Radio Foz. O presidente de ACIA Foz, José Carlos Paleo, lembra que “o afortunado ou afortunada, que se atopará nun establecemento hostaleiro dos participantes, terá que cantarlle o bingo ao responsable do local e será éste o que se poña en contacto coa emisora para ratificar os números premiados”. O gañador recibirá 300 euros en vales de compra para gastar no comercio focense ao longo do mes de febreiro.

En total participan nesta nova campaña de ACIA Foz 36 establecementos hostaleiros e 47 comercios.

Exit mobile version