Dende esta ventana quero:
1º Felicitar o novo ano a todos os lectores deste medio escrito, e tamén os
que o dirixen, xa que penso e unha ferramenta informativa moi boa para a nosa
Mariña, animalos a seguir traballando.
2º.-Transmitir o fondo pesar polo finamento de Issac, un home que deixa unha
enorme espello onde ver a súa obra e o seu facer, por Galicia e por os
cidadáns Galegos e en especial na nosa Mariña, Gracias Isaac por ser como
fuches.
3º.-Hoxe vai de felicitacións, dicir que me gustou moito a reflexión da
veciña de Burela, “EMPEZOU A CRISIS NO 2011” é evidente que estamos nun
momento difícil, pero con uns gobernantes adicados as lamentacións pouca
solución podemos esperar, Srs. alcaldes, adíquense a gobernar, a buscar
novas e intelixentes solucións e deixen de lamentarse, a solución non está
en subir impostos, e si se suben expliquen ¿para que?, non será para
dedicacións exclusivas, xa que vemos que en casi todos os concellos
multiplicaronse por dous ou por tres, con incrementos salariais de un 30%,
¿para quen e a crisis?, pos que sempre nos toca pagar.
Pedre