A Delegación Municipal de Cultura do Concello de Cervo deu a coñecer as gañadoras na fase local do certame de poesía Nadal 2011. As gañadoras da primeira fase local do Certame de Poesía Infantil Nadal 2011 son, na categoría B, de nove a once anos, a premiada foi Celtia González Saavedra. Na categoría C, de doce a dezaseis anos, a premiada foi Alicia Basanta Val. Segundo declaracións da edil popular estes traballos, premiados nas bibliotecas do Concello de Cervo, son remitidos á Biblioteca Pública de Lugo para participar na fase provincial.