Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela “concentrará os recursos dispoñibles” en conseguir bandeiras azuis para os seus areais

Nota de prensa:
BURELA OPTA POLA VISIBILIDADE DA BANDEIRA AZUL PARA CERTIFICAR A XESTIÓN AMBIENTAL DOS SEUS AREAIS.

Burela, 6 de xaneiro de 2011. O Concello de Burela decidiu optar pola visibilidade da bandeira azul para certificar a xestión ambiental dos seus areais. Na consecución deste galardón concentraránse os recusos dispoñibles.

A edil de Medio Ambiente, Patricia López Eijo, sinalou que “vivimos tempos nos que a optimización dos recursos ten que ser a prioridade máxima que guíe a actuación das administracións locais. Por ese motivo desde a Delegación de Medio Ambiente se analizou, atendendo a criterios de seriedade e rigor, cal é a día de hoxe o mellor camiño para abordar a xestión ambiental dos areais bureleses”.

A concelleira popular indicou tamén que “partindo do coñecemento de que o compromiso da Deputación de Lugo par levar adiante a implantación de Sistema de Xestión Ambiental, segundo a norma ISO 14.001 e EMAS, é puntual e os custes económicos para a continuidade dos mesmos no tempo son inasumibles, dispuxemos desde o equipo de goberno concentrar os recursos dispoñibles na dotación dos areais e na consecución da renovación da bandeira azul, outorgada pola Fundación Europea de Educación Ambiental, cada día máis esixente e plenamente garante da correcta xestión ambiental das praias municipais”.

López Eijo subliñou que “a certificación ISO 14.001 e bandeira azul adoptan criterios distintos e cumprilos suponlle un custe económico ao Concello. Neste momento os recursos son limitados e desde o Concello de Burela non podemos afrontar actualmente ambos custes, de aí que decidísemos centrarnos na bandeira azul”.

A concelleira de Medio Ambiente adiantou que “este ano non se pedirá a bandeira azul para a praia de Ril, que xa non contou con ela no 2011, porque sabemos que o areal non reúne os requisitos esixidos e non hai posibilidade económica de facer as melloras pertinentes para que a praia cumpra”. Patricia López Eijo sinalou que “ao mellor a praia de O Portelo non conta coa bandeira azul debido á neglixencia do anterior equipo de goberno co emisario submarino, que ocasionou un montón de problemas que tivemos que solucionar nós nada máis chegar ao Concello. O seu arranxo supuxo un custe de 30.000 euros”.

Exit mobile version