Nota de prensa
INTENSA ACTIVIDADE DO DÍA DO NENO EN XOVE
Seguindo con xogos, dende as 16:30 ás 18:30 horas pudieron disfrutar no Pavillón Municipal de Deportes dunha festa con INCHABLES como “La Granja”, “Pista Americana”, “Futbolín Humano”, “Tobogán 2 Rampas”, “Cárcel”, “Platanito” e “Casa Paiaso”. Tamén contou esta Festa cun “Toro Mecánico” e dous obradoiros, un de chapas e outro de globos.
Xa no Pavillón, estiveron atendendo a un montón nenos/as, e aproveitaron tamén para entregar os premios do CONCURSO DE POSTAIS NADAL 2011-2012, premios que recolleron un total de 16 nenos/as e rapaces/as. Recordamos que unha das postales gañadoras neste Concurso vai ser utilizada polo Concello como Felicitación de Nadal para o vindeiro Nadal 2012-2013.
Despois da marcha dos Reis a outros lugares, continuou a Festa con hinchables e outros xogos no Pavillón ata as 23:00 horas, podendo así disfrutar os nenos e rapaces dun bó rato máis de xogos.
Decir, por último, que todas estas actividades organizadas polo Concello a través da Concellería de Cultura, tiveron un carácter totalmente libre e gratuito.