Nota de prensa
Fernández Manín soñalou que as obras a executar deberán referirse á parte rural do concello, polo que se considera prioritario facer actuacións en camiños xa existentes, en lugar de construír novas infraestruturas, algo que conlevaría un aumento dos custos de mantemento a medio prazo».
Para concretar las actuacións que va a levar a cabo el goberno local que dirixe Javier Jorge Castiñeira, o alcalde e o concelleiro de obras están a ter xuntanzas con asociacións de veciños e comunidades de montes en mano común, para analizar cáles son as actuacións que ahora mesmo son prioritarias de cara a incluílas dentro do PEIM e solicitar eses 57.000 euros. « Nos vindeiros días se procederá a elaborar a documentación pertinente, así como a valoración das obras, para facer xa unha relación definitiva, que se enviará á Xunta».
As actuacións do programa de pequenas infraestruturas están financiadas na súa totalidade polo Ministerio de Agricultura do novo Goberno central que preside Mariano Rajoy a través da Consellería de Medio Rural e Mar. Fernández Manín quixo acordarse do recente pasado de Rodríguez Zapatero a fronte del Executivo español para asegurar que « este é un mais dos incumprimentos dos compromisos que o Ministerio de Medio Ambiente e Mariño había asinado coa Xunta que preside Alberto Núñez Feijóo. Á chegada do PP á Administración estatal vén de posibilitar que agora se reciban as apartacións do Estado para facer as obras recollidas no neste convenio , dado que o importe que correspondía a Xunta de Galicia xa se habían realizado en tempo e forma, nas diferentes anualidades», afirmou Fdez. Manín.