O Concello de Burela comezará a impartir 2 cursos de alfabetización dixital na semana do 9 ao 15 de xaneiro.O vindeiro día 11 iniciarase un curso de “Alfabetización dixital: Redes Sociais”, dirixido a persoas cuns coñecementos básicos de Internet e correo electrónico, o horario será de 11:00 a 12:30 horas e rematará o día 23. O día 11 de xaneiro comeza tamén o curso “Alfabetización dixital: Procesador de Textos”. Este curso está dirixido a persoas cuns coñecementos básicos de Informática, impartirase en horario de 19:00 a 20:00 horas e rematará o día 31. Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sita na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.burela@xunta.es
A aula do CeMIT inicia dous cursos en Burela
A aula do CeMIT inicia dous cursos en Burela
Relacionado
-
O CEIP Fondo Nois participou este luns na Carreira Solidaria contra a leucemia infantil en beneficio da Fundación “Uno entre Cien Mil”, dentro do Programa “La Vuelta al Cole”
-
Novo Guateque de Arruguiñas este sábado, 8 de febreiro
-
“Desexo” de Talía Teatro, este sábado, 8 de febreiro, no Pastor Díaz de Viveiro